Ribadeo, 5 de xullo de 20220. A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial o vindeiro venres, 8 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, sobre Ciberseguridade.
No mesmo abordaranse cuestións como: Protexerse dos ciberataques; Análise dun caso real de ciberataque, abordando os obxectivos que se perseguen, así coma os mecanismos para detectalos; e Repaso das principais estafas ás que unha persoa se ve exposta no mundo en liña e os principais mecanismos para previlas.
O curso gratuíto é apto para todas as idades. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal
—