Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Terra-Mar de San Cibrao retoma as excursións cunha visita ao santuario de Covadonga

Cervo, 31 de xullo, 2022. Despois de máis dun ano de parada forzosa pola pandemia, levouse a cabo a primeira excursión da asociación de xubilados Terra-Mar de San Cibrao.

Nesta ocasión consistiu nunha visita ao santuario da Virxe de Covadonga -basílica e cova- un dos espazos de peregrinación máis concorridos da comunidade veciña de Asturias.

Despois os excursionaistas fixeron unha parada para repoñer forzas e combater o apetito no establecemento do seu conveciño Cesáreo, no estadio do Molinón, a quen lle están moi agradecidos polo trato e agarimo recibidos.

A asociación da “Península da Paz”, que este ano celebra o seu 25 aniversario, recupera pouco a pouco a súa actividade e xa prevé unha nova excursión a San Andrés de Teixido, no mes de outubro e antes, en setembro, a celebración do San Andrés festividade de raigame na localidade de San Ciprián.

Exit mobile version