María Loureiro recibiu o libro elaborado pola asociación, que busca sensibilizar sobre as enfermidades mentais
O libro busca que o lector/a coñeza a realidade das persoas que sofren algún tipo de enfermidade mental, co obxectivo de sensibilizar sobre este tipo de doenzas e eliminar os estigmas existentes sobre este colectivo.
A Asociación Saúde Mental A Mariña conta cun centro na vila de Viveiro, destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, que abriu as súas portas este ano. Ademais, o Concello de Viveiro ten previsto firmar axiña un convenio de colaboración coa entidade.
“Esta asociación realiza un labor fundamental na comarca, reivindicando á saúde mental e apoiando aos doentes e ás súas familias. Por iso, dende o Concello seguiremos comprometidos co seu esforzo respecto ás enfermidades mentais, que a miúdo carecen de tanta visibilidade”, explica María Loureiro.