Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200

O acto será este sábado 9 de xullo a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura. Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.

Exit mobile version