O traballo de campo que está a realizar Belén PÉREZ TEIJO concrétase nun seguimento e rexistro de poboación de bolboretas en dous percorridos específicos en Ribadeo. Trátase de facer un seguimento específico ao longo do tempo, tomando nota das variacións que se poidan dar.
Belén Pérez Teijo quere animar a todas as persoas amantes da bioloxía a tomar conciencia da importancia da colaboración cidadá coas sociedades científicas para, entre todos e todas, axudarmos a manter o noso patrimonio ecolóxico. Canto máis coñezamos a nosa biodiversidade máis conciencia tomaremos da súa riqueza e da súa necesaria conservación. Podemos comezar a enriquecer esa conciencia ecolóxica gozando desta excelente exposición na Oficina de Turismo de Ribadeo desde o luns 18 de xullo ata o domingo 31 do mesmo mes, en horario de oficina, todos os días da semana.