A Vicepresidencia da Deputación patrocina a proba, que se celebra no circuíto da Pastoriza
Lugo, 9 de xullo de 2022. Esta fin de semana celébrase no circuíto da Pastoriza o Volante Deputación, un programa deportivo e formativo patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que ofrece a pilotos noveis a oportunidade de iniciarse na competición automobilística.
160 pilotos participarán nas probas cronometradas que se realizarán na xornada do sábado e na mañá do domingo no circuíto pastoricense, e das que sairán oito clasificado/as para competir polo premio en semifinais e finais, a celebrar na tarde do domingo.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou “a posibilidade que o Volante Deputación ofrece a pilotos noveis para formarse e entrar en contacto coa competición de forma gratuíta, alimentando desde a base a afección ao automobilismo que ten moito arraigo nas distintas comarcas como se reflicte nas distintas probas federadas que se disputan na provincia e que tamén apoiamos desde a Vicepresidencia”.