Silleda, 2 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro está desde hoxe cun stand propio na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra en Silleda ata o domingo.
A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, o 1º tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández, xunto ao persoal da Oficina Municipal de Turismo, están hoxe na feira.
“Mantivemos varios reunións con diferentes touroperadores europeos co fin de promocionar internacionalmente os recursos turísticos do Concello de Viveiro; hai moito interese no noso potencial paisaxístico, cultural e de natureza”, explica Rey.
Viveiro conta en Sileda cun stand individual no que ofrecerán folletos de promoción e información sobre o municipio. Ademais, instalouse unha gran pantalla na que se proxectan, de forma continuada, os vídeos de promoción turística deste municipio e da Semana Santa.
Ao longo das catro xornadas ofrecerase aos visitantes a posibilidade de probar o pan dos apóstoles, que é o doce típico de Viveiro durante a Semana Santa.