Ribadeo, 2 de xuño de 2022. Vinte equipos participarán os días 4 e 5 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de alevín e miniprebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz.
Galicia, Asturias e Cantabria son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña “a incidencia que estes eventos deportivos teñen na economía local, sobre todo nos hoteis, nos bares e nos restaurantes, pero tamén no comercio”.
O XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías alevín e miniprebenxamín foi presentado polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, polo xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.