Ribadeo, 14 de xuño, 2022. O popular fai un repaso das citas deportivas dos últimos días, incluíndo as celebradas esta fin de semana en Ribadeo, e destaca os resultados nas disciplinas de fútbol sala, baloncesto, remo, piragüismo, atletismo, rugby e fútbol:
– Prebenxamíns Ribadeo FS: campións da Copa Imdecum
– Uxía Fernández e Irene Suárez: campioas de España xuvenís co Castro FSF
– Cadetes e xuvenís do Club Baloncesto Ría de Ribadeo: campións da Copa Premium
– Club de Remo de Ribadeo: tres 1º, dous 2º, dous 3º e outros postos destacados na regata de Castrelo do Miño
– Nicolás Gayol, do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo: clasificado para o Campionato de Europa sub-18
– Ana Iglesias Sobrino, subcampioa de España coa selección galega de rugby 7 feminino
– Cinco atletas do Club de Atletismo de Ribadeo que acadaron grandes resultados na XIV Subida Rocas.
– O Eirado do campionato Xunta de Galicia Trail Running na subespecialidade de carreiras de montaña.
– SD Ribadeo organizou un torneo de gran nivel e afluencia de público.