Site icon Crónica3.com A Mariña

“Sobre o novo centro de saude de Ribadeo (e V)”, por Tino Lombardero

O pasado día 31 de maio o Sr. Alcalde de Ribadeo (BNG) e o Sr. Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia (PP) asinaron un convenio para a construcción do novo Centro de Saúde de Ribadeo. A información disponible son as notas de prensa que figuran nos diferentes medios e outra mais na paxina web do concello. O que se deprende de estas notificacións resúmese nos puntos seguintes:

1º Non existe un anteproxecto ou documento oficial sobre as necesidades que vai cubrir o devandito centro, sobre os equipamentos de que vai dispor e sobre os trámites previos para executalo na ubicación prevista. Pero o Sr. Alcalde solicita o apoio do Sr. Conselleiro para engrasar as xestións dependentes da Xunta, de onde se desprende que aínda non está claro que os terreos vaian cumprir as eventuais esixencias técnicas. Compre suliñar que tampouco se fixo público o texto do convenio asinado, que unha cousa son os textos negro sobre branco e outra as palabras que leva o vento.

2º Non existe ou non hai nengún dato relativo a un presuposto, cando menos orientativo e en qué fases se habería executar. Como tampouco hai un prazo mais ou menos aproximado de posta en funcionamento así que non faremos prediccións para as que non hai nengunha base.

3º Nengún dos actores se molestou en xustificar a ubicación excéntrica, desaxeitada e mesmo perigosa para a gran maioría dos potenciais usuarios, como xa expuxemos mais de un 70 % residentes no casco urbano na actualidade con unha forte tendencia a aumentar e unha poboación fortemente envellecida.

En resumen o acto foi unha posta en escea do consenso PP-BNG para achaear o terreo de aquí as próximas eleccións municipais e facer un pacto de non agresión sobre este ponto nos vindeiros meses. Como xa deixamos escrito detrás de este proxecto hai unha serie de intereses e consensos urbanísticos xestados durante varios anos polos dous partidos e agora non lle convén mover mover o taboleiro a nengún dos dous. Eso, as fotitas, parabens e autoloubanzas de rigor foi o que deu de si o acto publicitario do día 31, pero está por ver se o pobo de Ribadeo traga con esta falcatruada.

Evaristo Lombardero Rico

Exit mobile version