As 15 persoas inscritas aprenden de deseño de xardíns, sistemas de rego, especies de plantas e arbustos, abonos… O curso deu comezo ás catro da tarde e rematou ás oito deste sábado. Estivo impartido por Iván Prado. Ata a escola de Vilaframil desprazáronse o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente e Obras, Jorge Díaz e Mónica Freire. Este curso, ao igual que o de cestería da fin de semana pasada, forman parte do Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo, que deu comezo o ano pasado.