Burela, 28 de xuño de 2022. Dicimos adeus a Sandra Buzón, xogadora que, desde que se uniu ao persoal do Pescados Rubén Burela FS, defendeu con éxito a portería do equipo.
Tras o seu paso polo Leganés FSF, Sandra uníase a plantilla do Pescados Rubén Burela na tempada 2020-21. Ao longo destas dúas últimas tempadas, a porteira co número 4 ás costas estivo presente nalgúns dos momentos máis importantes para o club como foron as 2 Supercopas de España, as 2 Copas de S.M. A Raíña, 1 Campionato de Liga da RFEF, 1 Copa Xunta de Galicia ou mesmo a vitoria do equipo na Futsal WEC, a Champions que convertía ao Pescados Rubén Burela FS en campión a nivel europeo.
Desde o club queremos agradecer todo o esforzo realizado por Sandra para defender con tanto éxito a portería e desexarlle moita sorte no seu futuro profesional. Sempre serás unha Guerreira Laranxa.