Cervo, 15 de xuño, 2022. Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, haberá moita música, bocadillos de panceta, salchichas e chourizos asados e, por suposto, unha gran fogueira. Terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno
O xoves 23, ás 19:30 horas, está prevista a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona; e ás 00:00 tocará a banda local The Lazy Bones. O venres 24 haberá sesión vermú con “mi rollo es el rock”, ás 13:00 horas. Ademais, sortearase unha pandeireta
O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.
Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.
Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.