Viveiro, 2 de xuño, 2022. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade poñendo en marcha este venres 3 e o sábado 4 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 46 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.
Os locais participantes son:
Óptica Rosario
Deportes Don Balón
Confecciones Justo Vázquez
Baühaüs
Muebles Iglesias
Irimia Paquetería
Muebles Sampe
Baamonde Style
BMD
Complementos Sulian
Calzados Vogue
Madrás
Esprit
La Óptica Viveiro
Lencería Canela
Van Surf Sneakers
Peluquería Richard XFavor
Van Surf Shop
Carnicería Mariño
Bolboreta Mercería
Paquetería Mónica
Peluquería Raquel Gonzalez
Tejidos Rogelio
Óptica Casariego
Joyería Paleo
Rockids
Raquel Seijido
Tacones
Versus
Nacar
Estanco Casanova
Podium Sport
Moviltom
Calzados Albo
Kandela Iluminación
Albo Zapaterías
Cerámica Regal
Albo 55 Sneakers
Mimimó
Piti Deportes
Oxígeno Surf
Miss-tic
Fontana
Kerale Moda
Kalea Platería
Oscar Rodríguez Joyeros
Cocolatte
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
Trátase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.