Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 20 persoas asisten na escola de Covelas a un curso de cestería de colmo con tireta de vimbio dentro do plan de formación no rural do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 11 de xuño de 2022. Preto de 20 persoas asisten na escola de Covelas a un curso de cestería de colmo con tireta de vimbio. Está a ser impartido por Lola Tourón, unha das cesteiras con mais renome de Galicia, de once da mañá a dúas do mediodía e de catro a sete da tarde. Ata Covelas se desprazaron esta mañá os concelleiros de Medio Rural e Servizos Sociais, Marcos Villamil e Mónica Freire, que valoraron de xeito moito positivo “a demanda que tivo este curso de cestería. Seguramente fagamos outra edición o vindeiro mes de setembro”.

Para o curso de xardinería, que se celebrará o vindeiro 18 de xuño en Vilaframil aínda quedan prazas libres “polo que as persoas que desexen asistir poden inscribirse durante a semana chamando ao teléfono do Concello 982 128 650”.

Villamil e Freire indicaron que “desde o equipo de goberno seguimos traballando para darlle contido ás escolas da rede municipal de Ribadeo, organizando actividades e xornadas interesantes, dinámicas e proveitosas para a veciñanza do noso concello”.
Estes cursos forman parte do Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo, que deu comezo o ano pasado.

Exit mobile version