Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación na Libraría Bahía de Foz

O martes día 28 de xuño ás oito e media da tarde, estarána Libraría Bahía a esritora Xita Rubert para presentar a súa nova novela ‘Mis días con los Kopp’ editada pola editorial Anagrama. Trátase dunha novela de iniciación na que a autora aborda temas como a paternidade, a enfermidade ou a hipocresía social, cun estilo moi elaborado e unha profundade de análise sorprendente nunha escritora tan nova. Xita Rubert, moi vencellada a Foz por ser filla da escritora focega Luisa Castro, presentará no que dalgún xeito é tamén o seu pobo, esta súa primeira novela coa que comeza unha carreira literaria que agardamos sexa moi fructífera.

Exit mobile version