Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz en Barreiros este domingo

Será na biblioteca municipal, ás 12h,  coa presenza do autor, Xabier Paz. Dita obra conta a historia familiar vinculada á casa do Santiño, a carón do lavadoiro que se rehabilitará por parte do Concello. A obra conta tamén parte da historia de San Cosme e de Barreiros, vinculada ao percorrido familiar do autor que vincula Barreiros, a Montaña luguesa e a Habana, nunha viaxe que toca a emigración, o retorno, a guerra e a necesidade de supervivencia que, sen dúbida, marcaron tamén este municipio.

Exit mobile version