Asistirán o Delegado territorial da Xunta en Lugo, D. Javier Arias Fouz, o Alcalde-Presidente do Concello de O Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez e a tenente de alcalde, Dª Pilar Otero Insua.
Ademais da presentación, anteriormente tamén haberá un acto cos nenos e nenas do Colexio de Primaria do Vicedo, onde se entregarán os premios do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga 2022, no que participaron todos os nenos e nenas de Educación Primaria. Ademais dos premios para os dous primeiros de cada categoría, haberá agasallos para todos os participantes. Este acto será presidido polo alcalde presidente e contarase coa presencia de Marionetas Trécola, que actuarán tamén na Romaxe Viquinga.