PREGUNTAS:
Na Piscina Municipal de Viveiro vense observando un continuo e paulatino descenso dos usuarios. Xa de forma previa á pandemia do Covid-19 a tendencia era á baixa e parece que nos últimos tempos non se recupera. Ademais, son numerosos os pais e nais do noso Concello, que inscriben ás súas nenas e nenos nos numerosos cursos que se imparten na piscina de Xove, cos gastos adicionais de transporte que iso require, así como a redución de ingresos para a piscina Municipal de Viveiro.
Preocupados pola situación económica do Concello e da instalación, así como polas continuas queixas dos usuarios polo peche da instalacións os domingos e festivos, preguntamos:
– Cal era o número de usuarios da piscina, no ano 2015, cando se pasou á xestión directa dende o Concello, cal foi nos anos sucesivos e cal é a data de hoxe?
– Segundo o cálculo do Concello de Viveiro, cal é a diferencia entre os ingresos e gastos da piscina, e polo tanto o déficit na xestión económica, que teñen que soportar as veciñas e veciños nos orzamentos anuais do Concello?
– Como explica que ducias de pais e nais, leven ás súas nenas e nenos á piscina de Xove, tendo Viveiro unha instalación municipal de nivel municipal?
– Ten pensado o actual equipo de goberno solucionar o peche da piscina os domingos e festivos, como si fan outros concellos?