Site icon Crónica3.com A Mariña

Para rematar este curso, o alumnado de 1° ciclo de Primaria do Colexio Martínez Otero de Foz realizaou unha viaxe cultural ao Pazo de Tovar en San Adriano de Lourenzá

Despois de pasar polas antigas dependencias do Pazo, visitaron a fermosa exposición de xoguetes tradicionais. Moitos deles están relacionados coas estacións do ano e elaborados con materiais da propia natureza. Grazas ás explicacións de Manolo, o responsable da exposición, coñeceron con precisión o uso dalgúns destes xoguetes e ata aprenderon a facer un foguete con xuncos. Foi unha xornada do máis entretida.

Exit mobile version