O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 6 de xuño, comezarán as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira, entre o pantalán e Portochao. A realización destas obras ten unha duración prevista de quince días. Como consecuencia desta actuación, pecharase o acceso ao paseo naquela zona na que se estea traballando en cada momento. Dende o goberno municipal pídense desculpas polas molestias que poida ocasionar a execución destas obras.