Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro vivirá o I Día da Bicicleta o 9 de xullo

O 9 de xullo será o I Día da Bicicleta que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro. Unha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos que consistirá nunha ruta sinxela de 14 kms con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes. A Inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h. A retirada de camisetas e dorsais o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00h. no Local Social do Parque Concepción Arenal.

Exit mobile version