O coordinador popular de deportes advirte de que “se deteriora o parqué e, o que é máis importante, supón un risco para as nenas e nenos que usan esta instalación”
O popular advirte que “isto conleva dúas cousas”: por unha banda, que “se está deteriorando o parqué da pista” e, por outra, que é o máis importante, “o risco que pode supoñer para a seguridade das nenas e nenos que practican deporte nesta instalación municipal”.
Tito Suárez pídelle, polo tanto, ao concelleiro de deportes que “demostre a paixón coa que di defender a súa concellería poñéndose a traballar”. O popular lembra que “ten dedicación exclusiva e que o seu soldo se debe a eles fóra das casillas ou dentro delas. Non só está para ir gratis aos eventos deportivos e facerse fotos nos palcos, como aprendeu do seu líder. Ese non é o camiño. A fórmula é traballo e máis traballo, algo que este concelleiro non fixo en todo este mandato”.
O popular tamén o convida a “pasarse polas instalacións deportivas para comprobar o seu estado” porque “non é de recibo o seu mal estado”. O Grupo Municipal Popular, pola súa banda, “seguirá traballando polo deporte ribadense”, conclúe Tito Suárez.