O portavoz popular, Daniel Vega, sinala que “a Xunta, hai máis dun ano, tería este asunto resolto; investiriamos máis de 70.000 euros nas escolas de Vilaselán, Rinlo, Cubelas e Arante. Tiñamos máis investimento en catro que o que presenta agora o BNG coa Deputación, no total das escolas”
Ribadeo, 16 de xuño 2022. O goberno de Ribadeo, presidido polo nacionalista, Fernando Suárez, prefire que o seu concello perda investimento antes que recibilo da Xunta de Galicia. O caso da mellora das antigas escolas rurais é un claro exemplo, di o portavoz popular, Daniel Vega, do sectarismo co que actúa o goberno local.
Vega explica: “Os veciños non puideron arranxar as súas escolas. Tiveron que devolver máis de 70.000 euros á Xunta porque o goberno do BNG prohibiu este investimento, porque o alcalde chamounos directamente para dicirlles que non podían investir ese diñeiro, algo que solicitaran eles”.
O portavoz dos populares sinala: “A Xunta, hai máis dun ano, tería este asunto resolto. Investiriamos máis de 70.000 euros nas escolas de Vilaselán, Rinlo, Cubelas e Arante. Tiñamos máis investimento en catro que o que presenta agora o BNG coa Deputación, no total das escolas. Isto chámase traballar e xestionar o orzamento en consenso cos veciños, non como fan eles: confrontar, anunciar algo que colle por sorpresa aos veciños, que non saben moi ben que van a arranxar e resolver, porque durante 16 anos non o fixeron”.
Os populares din que “agora, porque un grupo municipal se reunira con eles e íamos investir nas escolas, íamos resolver estes problemas, tivemos que devolver o diñeiro, porque o goberno do BNG, o alcalde, prohibiu este investimento, de máis de 70.000 euros”.
Vega aclara: “Agora, pola porta de atrás, firman un convenio coa Deputación e din que van resolver o problema. Chámase sectarismo político. A pregunta é: Por qué coa Deputación si e coa Xunta non? Por que arranxan agora, sorprendentemente agora; dende que nós íamos resolver o problema, anuncian un investimento”.
No PP din ao goberno local: “Van a rebufo e sábeno, pero nós imos seguir traballando, xestionando orzamento, para que nas parroquias haxa investimento; en breve anunciaremos máis investimento para o noso concello.