O voceiro, Jose Regueiro, condena que “bloquean a opinión de 1.139 veciños que avalan ao Grupo Municipal Popular”
Regueiro condena esta práctica que se vén repetindo ao longo do mandato e que supón que non se cheguen a debater as iniciativas do Grupo Municipal Popular. “As mocións deberanse debater dando quendas a tódolos grupos para expoñer as súas posturas; pero o alcalde considera que son rogos e, polo tanto, non se debaten e tampouco se votan”. Deste xeito, “o alcalde e o equipo de goberno evitan amosar de forma clara a súa posición sobre as distintas iniciativas que levamos aos plenos en relación a temas de interese para os veciños”.
Os populares presentaran para o seu debate no pleno -e a súa aprobación se contaba co apoio da maioría dos concelleiros da corporación local- unha iniciativa para que o Concello bonificase nun 95% o IBI das edificacións de uso agrario, gandeiro ou forestal no municipio, o que suporía un desconto e aforro para un sector importante na Fonsagrada que está a facer fronte a subida xeneralizada dos prezos e custos de produción”.
O Grupo Municipal Popular tamén propoñía debater sobre a constitución dunha comisión de estudo do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para realizar as necesarias modificacións puntuais que demandan os veciños” tras ser aprobado “sen contestar ou subsanar moitas das reclamacións realizadas durante o período de exposición pública”.