Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mariñán Juan Carlos Piñeiro participará en Estoril o día 28 de xuño nunha ponencia sobre economía azul, organizada pola ONU en colaboración con gobernos de Portugal e de Kenia

A Mariña, 8 de xuño, 2022. Juan Carlos Piñeiro Docampo participará en Estoril o día 28 de xuño nunha ponencia sobre economía azul, organizada pola ONU en colaboración con gobernos de Portugal e de Kenia.

Dito acto encadrase nas actividades da Conferencia sobre os Océanos que terá lugar en Portugal dende o 27 de xuño ao 1 de xullo e prevé sentar as bases de conservación e protección global dos océanos.

Juan Carlos Piñeiro ven de falar de economía azul recentemente na Coruña no marco do Foro “A Galicia que ven” do Español que se celebrou na cidade herculina entre o 9 e o 10 de maio.

“Galicia ten 1.500 km de costas, a Blue Economy de carácter sustentábel é o futuro para as seguintes xeracións, a proximidade e o potencial é enorme. Veño dunha familia de estaleiros de ribeira, gústame esa visión nas ponencias que participo” dixo Piñeiro Docampo

Exit mobile version