Daniel Vega traslada o agradecemento de todo o “Grupo Municipal Popular a tódolos colectivos e asociacións que están organizando as festas de forma desinteresada. Moitas veces non somos conscientes do traballo que realizan, das horas que dedican para que nas nosas parroquias ou na nosa vila haxa festas”.
O Grupo Municipal Popular quixo colaborar “naquilo que nos pediron”. Así, “traballamos para conseguir orzamento por parte da Xunta e axudar. O traballo conxunto sempre da os seus froitos”, asegura Vega.