Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular dá a benvida a Ribadeo aos 120 rapaces e rapazas galegas que participarán nos campamentos de verán da Xunta na Devesa

Tito Suárez agarda que “desfruten da experiencia” e Begoña Sanjurjo destaca que “ademais de practicar actividade física, farán novas amizades e reforzarán os valores de respecto e coidado da natureza”

Ribadeo, 30 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Popular dá a benvida a Ribadeo e á comarca da Mariña aos 120 rapaces e rapazas de 11 a 14 anos procedentes das catro provincias galegas que visitarán o campamento xuvenil da Devesa a partir do 1 de xullo e ata finais do mes de agosto. Tito Suárez, coordinador popular de deportes, deséxalles “unha boa estancia” e agarda que “desfruten da experiencia e se animen a repetir en anos vindeiros”.

As instalacións do campamento da Devesa están pensadas para uso e desfrute da xuventude facilitando o desenvolvemento de actividades en contacto coa natureza. Así mesmo, “é o entorno ideal para facer novas amizades, ademais de practicar actividade física, e reforzar os valores de respecto e coidado da natureza”, segundo subliña Begoña Sanjurjo, concelleira popular de Educación.

Concretamente, os campamentos da Xunta ‘O verán que queres contar’ que se desenvolverán na Devesa contarán con grupos homoxéneos e distintas quendas ao longo do verán. As actividades que practicarán os participantes son surf, kaiak, bodyboard, escalada en rocódromo, tiro con arco, xogos populares, visitarán Rinlo, e tamén participarán en actividades coma scape room, talleres de reciclaxe, xincanas de aventuras e actividades acuáticas.

“A interacción entre eles favorecerá a mellora das súas habilidades sociais, a independencia e a autoestima”, segundo valora Sanjurjo.

Exit mobile version