“O PP só se lembra dos gandeiros cando chegan as eleccións para sacar as fotos na campaña. Despois, o sector primario é o auténtico esquecido e abandonado das súas políticas. Por alí non pasa o Xacobeo”
Lugo, 29 de xuño de 2022. O Goberno de Pedro Sánchez cumpre cos gandeiros lucenses, xa que vén de pagar a 2.835 explotacións de leite da provincia axudas por un importe total de 25.115.414 millóns de euros para paliar os efectos do conflito de Ucraína neste sector. O importe percibido polas explotacións lucenses representa máis do 45% dos 55,3M€ que o Estado destinou ao conxunto de Galicia
“Preguntámonos que fixo a Xunta do PP diante deste panorama, e ante as demandas dos pequenos produtores de leite da nosa provincia. Absolutamente nada, nin euro aportado e nin unha soa iniciativa enriba da mesa para paliar o impacto da guerra en Ucraína nas súas explotacións”, asegura o PSdeG.
Os socialistas subliñan que o PP “só se lembra dos gandeiros cando chegan as eleccións para sacar as fotos na campaña, despois o sector primario é o autentico esquecido e abandonado das súas políticas. Por alí non pasa o Xacobeo”, ironizan. Así as cousas, “e mentres a Xunta aínda non ten achegado nin un só euro en axudas ó sector, o Goberno de Pedro Sánchez duplicou a solicitude de fondos que lle pedira o expresidente Feijóo para Galicia, e o pasado 30 de maio, 6.434 gandeiros e gandeiras galegos percibiron xa 55 millóns de euros das axudas ó sector leiteiro”.
Novas axudas para o sector da carne
Ademais, o Goberno do Estado está traballando no procedemento para conceder axudas excepcionais a outras producións gandeiras e agrarias que tamén se consideren especialmente afectadas pola guerra. Entre eles están os produtores de vacún, ovino, caprún, avícola e cunícola, para os que se reservan case 155 millóns do total previsto e 110 deses millóns son para explotacións gandeiras.
Estas novas axudas para os produtores de carne contempla pagos de 60€/vaca nutriz, 12€/becerro, 5€/ovella e cabra, e cantidades variables en función da capacidade das granxas de polos e coellos. “Unhas axudas que serán importantes para a provincia de Lugo, que conta co 44% das granxas de bovino para produción de carne de Galicia e co 30% das granxas de ovino caprino”, remarcan os socialistas.
Axudas a 2.835 explotacións de leite da provincia
Os 25.115.414 millóns de euros pagados polo Goberno de Pedro Sánchez ás 2.835 explotacións de leite da provincia de Lugo están distribuídos do seguinte xeito:
COMARCA DE LUGO (5.335.949€)
Corgo (O) 337.017,71€
Castroverde 872.658,39€
Guntín 990.435,22€
Friol 778.134,19€
Outeiro de Rei 353.004,39€
Lugo 1.251.294,52€
Portomarín 753.404,91€
COMARCA DA MONTAÑA (543.741€)
Ribeira de Piquín 32.998,09€
Nogais (As) 10.042,90€
Fonsagrada (A) 64.219,88€
Becerreá 44.134,09€
Baralla 134.852,00€
Baleira 257.494,37€
COMARCA DA TERRA CHÁ (8.936.702€)
Vilalba 689.000,81€
Pol 1.034.762,19€
Meira 266.444,17€
Xermade 446.485,46€
Cospeito 1.240.147,46€
Castro de Rei 1.780.544,68€
Abadín 328.204,60€
Pastoriza (A) 1.949.448,74€
Guitiriz 1.063.513,58€
Begonte 138.150,81€
COMARCA DA MARIÑA (1.637.294€)
O Valadouro 16.191,60€
Trabada 362.432,40€
Riotorto 169.977,74€
Ribadeo 434.206,44€
A Pontenova 73.442,95€
Mondoñedo 80.479,84€
Lourenzá 88.951,37€
Foz 56.773,11€
Barreiros 313.301,28€
Alfoz 41.537,97€
COMARCA DA ULLOA (4.259.986€)
Taboada 943.759,01€
Palas de Rei 777.990,06€
Monterroso 557.541,77€
Carballedo 570.668,77€
Antas de Ulla 186.169,35€
Chantada 1.223.857,27€
COMARCA DE LEMOS (1.045.311€)
Monforte 172.662,81€
Sober 37.643,78€
O Saviñao 586.186,94€
Pantón 34.296,14€
Pobra do Brollón (A) 112.453,12€
Bóveda 102.068,61€
COMARCA DE SARRIA (3.356.429€)
Sarria 1.355.430,98€
Láncara 476.293,25€
Triacastela 17.557,99€
Samos 257.113,79€
Incio 101.795,34€
Paradela 597.996,40€
O Páramo 550.241,46€