Site icon Crónica3.com A Mariña

O entorno do Castelo de Castrodouro, emblema do Concello de Alfoz apagará todas a súa iluminación este domingo, 5 de xuño

No día do medio ambiente, Alfoz súmase ao xesto simbólico na loita contra o cambio climático, así como frear a perda de biodiversidade e reducir as emisións de C02 para o ano 2030. O Concello de Alfoz, a través do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía, do que forma parte desde hai 2 anos, ten entre os seus obxectivos o coidado do medio ambiente e a redución de emisións de CO2. Alfoz é conta co galardón Bandeira Verde de Galicia como recoñecemento a súa labor a prol do medio, mérito sen dúbida da colaboración e implicación da veciñanza.

Exit mobile version