Viveiro, 7 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Turismo, organiza unha charla informativa sobre o Camiño do Mar. Esta actividade terá lugar o vindeiro sábado, 11 de xuño, ás 12:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
A charla, que leva por título “El Camino del Mar en Viveiro”, será impartida por Manuel Vicente González, presidente da Asociación de Amigos do Camiño del Mar, quen leva moitos anos realizando unha importante labor de investigación e recompilación de documentación sobre esta ruta de peregrinaxe.
Manuel Vicente, como grande coñecedor da material, falará sobre o Camiño do Mar, facendo referencia a súa orixe, historia e percorrido, explicando, entre outras cuestións, a diferencia entre Camiño do Mar e Camiño Norte, dúas rutas distintas que adoitan confundirse.
A organización desta ponencia súmase ás moitas iniciativas desenvoltas polo Concello de Viveiro nos últimos anos para dar a coñecer e promocionar este ruta de peregrinaxe, co obxectivo de conseguir a súa oficialización, ao entender que esta declaración e o recoñecemento desta ruta suporía un novo recurso turístico e cultural para este concello.
O acceso a esta charla informativa é gratuíto ata completar aforo.