Dende o consistorio mindoniense agradecen e poñen en valor o traballo realizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, encargados da organización desta festa
Mondoñedo, 26 de xuño de 2022. O Concello de Mondoñedo ensalza o éxito da 43 edición da “Rapa do Campo do Oso”, que tivo lugar este domingo e contou cunha gran asistencia de xente.
Dende o consistorio mindoniense agradecen e poñen valor o traballo realizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, encargados da organización deste festa.
A xornada consistiu na saída dos xinetes e baixada dos animais o curro, a rapa e marcado dos animais, unha sesión vermú amenizada por un grupo musical e a degustación de poltro galego.
Para finalizar, hai que destacar que no marcado dos animais usouse nitróxeno en vez de marcalas a lume sendo pioneiros neste sentido.