O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, déronlles os parabéns ao Club Deportivo San Ciprián e a todo o equipo e corpo técnico por esta importante xesta “que os convirte no primeiro equipo da Mariña que competirá nesta categoría que enfrontará aos 12 mellores equipos de toda Galicia”
Cervo, 24 de xuño de 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, recibiron na Casa do Concello ao equipo, corpo técnico e directiva, do Distribuciones Carreiras San Ciprián, pertencente ao Club Deportivo San Ciprián, que vén de lograr o ascenso a Primeira División Júnior “logo de callar unha tempada perfecta, na que tiveron que ir superando diferentes eliminatorias, deixando atrás a máis de medio cento de equipos que pelexaban polo mesmo obxectivo dentro da categoría”; xa que tan só ascendía un dos 55 equipos galegos que compartían categoría, “polo que o mérito é tremendo”.
Desde o Concello desexáronlles moitos éxitos na vindeira tempada na que se converterán no primeiro equipo da Mariña en debutar na primeira división, e fixéronlles entrega dunha figura de Sargadelos, como recoñecemento aos logro acadado.