Para o Bng a mobilidade xeográfica que propón a empresa non é unha alternativa válida para a gran maioría das traballadoras á que se lles traslada o centro de traballo a 270 km do seu domicilio.
“Son 42 persoas, a inmensa maioría mulleres, o que provocará un agravamento do desemprego femenino , pois a dificultade de reinserción no mercado laboral para as traballadoras desta conserveira é grande” afirmou Daniel Castro, que tamén se referíu a situación do emprego na comarca, donde na última década se perderon mais de mil empregos directos, agravado recentemente polo peche de Vestas, tamén en Viveiro e a situación de incerteza en Alcoa.
Por todo esto, os nacionalistas instarán á Xunta e ás Consellerias de Economía, Industria e Innovación e a de Promoción do Emprego e Igualdade a que tomen parte na solucion deste conflito para conseguir a continuidade da actividade na fábrica de Celeiro e mantendo todos os postos de traballo.