Campo de Verdes está a vivir unha situación moi similar á da Misericordia, caso denunciado e defendido tan só polo BNG hai menos de 3 meses onde María Loureiro tamén se escudou na actual ordenanza que, segundo ela, non lle permite actuar até aprobar o PXOM.
Á concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, destaca a cómoda posición da alcaldesa onde “en lugar de buscar solucións busca a desculpa para non actuar. Tampouco co PXOM se ve unha alcaldía resolutiva, con María Loureiro demostrando falta de seriedade e contundencia para a súa aprobación, tal como xa denunciamos no seu día. Cunha media de unha reunión anual, María Loureiro di estar interesada na aprobación do PXOM.”
Ademais das excasas reunións para abordar a aprobación definitva do PXOM, hai que sumar as contradiccións da alcaldía con peticións contrarias en cada reunión, por exemplo: a alcaldesa informaba en 2019 que o PXOM que estivo en elaboración durante 10 anos era mellor abandonalo e comezar cunha nova elaboración do PXOM desde cero, para logo María Loureiro na reunión do 2020, informar de que a mellor opción era continuar coa tramitación do documento elaborado anteriormente. Dúas reunións cun ano e 3 meses de marxe, con peticións á Xunta e aos técnicos municipais totalmente contrarias.
Para Míriam Bermúdez “non se están a tomar as cousas en serio e os problemas reais da veciñanza non se están a resolver. É preciso buscar os “atallos” legais necesarios que permitan o trato indiscriminado e servizos básicos por igual de toda a veciñanza do concello.”