No día internacional do orgullo LGTBIQ+ o 28 de xuño, xentes lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais, así como todos xs persoas e entidades que defenden os dereitos humanos, celebran todas os avances no recoñecemento dos seus dereitos, e dende o BNG de Foz reivindicamos todo o que resta para acadar a plena igualdade no goce destes dereitos e mellorar os sistemas de garantía dos mesmos. As leis avanzan para recoñecer debidamente os dereitos fundamentais para a igualdade e o libre desenvolvemento da personalidade das persoas gais, lesbianas, bisexuais e transexuais. Sen embargo, diferente informes anuais (Amnistía Internacional ou Human Rights Watch), veñen de mostrar un estado lamentable dos dereitos das persoas LGTBIQ+ no mundo. Aínda que as institucións galegas, así como a meirande parte da sociedade, recoñeceron e asumiron o dereito á dignidade das persoas LGTBIQ+ e o que isto supón en materia de dereitos, cómpre poñer en marcha mecanismos eficaces para a súa garantía e sobre todo para a erradicación da LGTBIfobia, como demostra a pingueira de ataques a membros do colectivo, exclusivamente po la sua condición. Os Concellos como institucións mais próximas, temos tamén que estar áltura.
Como todolos anos, este 28 de xuño no BNG de Foz queremos recoñecer a loita inestimable de tantos colectivos e persoas LGTBIQ+ da nosa contorna e, así mesmo, queremos seguir instando a reiterar o compromiso político deste Concello cos dereitos das persoas LGTBIQ+, todolos días do ano.