Foz, 1 de xuño, 2022. Dende o BNG de Foz temos que lamentar que o SERGAS continua coa deixadez no centro de Saúde de Foz. O persoal de todalas categorías continúan traballando cun sobresforzo difícil de imaxinar, por mor das reiteradas e inadecuadas coberturas das ausencias nin dos sanitarios nin dos PSX, e a non reposición da xubilación do persoal auxiliar de enfermería. Como xa denunciamos durante a pandemia e nas sucesivas ondas, o Centro NUNCA recibeu ningún reforzo, mesmo para a realización dos estudos epidemiolóxicos en relación coa infección por coronavirus. No medio da quinta onda e inicio de tempada estival en 2021, por vez primeira en 15 anos a Consellería de Sanidade decide non incorporar persoal sanitario (nin facultativo nin DUE) para desprazados, e para abundar no desleixo as ausencia programadas non se cubren. Unha situación inédita no peor momento e que tememos poda repetirse en 2022. Dende aquela a situación non mellorou nada e as ausencias continúan sen cubrirse, motivando que mesmo xs traballadorxs se dirixiran en sucesivos escritos ao SERGAS demandando a cobertura da plantilla, sempre sen resposta.
Estas carencias son absolutamente inaceptables e non dependen so da existencia de facultativoxs disponibles. Continúamos asemade a demandar unha cobertura adecuada das urxencias sanitarias de tarde, a reposición das xubilacións, a cobertura das baixas, das reducións de xornada e a incorporación do segundo TES no transporte urxente e unha adecuada planificación dos permisos dos profesionais especialmente coa inminencia da tempada estival. Non renunciamos a creación da praza de DUE especialista en obstetricia e xinecoloxía, proposta aprobada por unanimidade a instancias do BNG en 2017 e novamente solicitada e aprobada en 2021 e da que nos temos novas, e demandamos a adecuada dotación das prazas de fisioterapia dada a derivación continua a centros concertados do Concello e da Mariña desta prestación sanitaria.