Continuou Pillado dicindo que “levamos anos esperando a que Augas de Galicia aporte solucións pero todo o proceso avanza moi lentamente, tanto que xa imos con dous mandatos de retraso. O concello de Burela ten que ter capacidade para chegar a acordos coa Xunta de Galiza, como podemos comprobar que se acadan noutros concellos veciños”.
O PSOE e o PP cúlpanse mutuamente sen chegar a ningunha solución para a vila
O voceiro nacionalista quixo incidir en que “a Xunta de Galiza, mediante Augas de Galicia que é quen ten as competencias, culpa a Costas dos retrasos nesta obra, para botar balóns fora. En lugar de traballar conxuntamente como é obriga das admistracións públicas, o único que fan e esquivar responsabilidades e fomentar a lea bipartidista de sempre entre PP e PSOE. Non lles importan nada nin a veciñanza de Burela nin os serios problemas medioambientais e de seguridade que se derivan do estado da EDAR”.
Neste sentido, Mario Pillado avanzou que “no pleno deste xoves imos propoñer un gran acordo entre Concello de Burela, Augas de Gacia e Dirección Xeral de Costas para que dunha vez por todas poñan unha solución para a veciñanza de Burela.
Para finalizar, os nacionalistas din que “o primeiro agora é que as administracións se fagan cargo das perdas que teñan os afectados na medida que lle corresponda a cada unha delas”.