Esta excursión, que normalmente se celebra en 4º da ESO, non puido facerse por mor da pandemia. Un total de 42 alumnos/as visitan durante 7 días lugares tan interesantes como Empuria Brava, o Museo Dalí, a Sagrada Familia, Cadaqués e Girona, dende onde mandan unha foto diante da catedral. Tamén teñen tempo para o lecer visitando un parque acuático e Port Aventura.