Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.
E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre outras cousas, como afecta ás mulleres esta doenza, as súas consecuencias, diagnose e os tratamentos que existen co fin de acadar un mellor coñecemento e implicación das mulleres na mellora da súa calidade de vida. A endometriose é unha enfermidade de orixe xinecolóxico que condiciona a vida diaria das afectadas, unhas 60.000 aproximadamente en Galicia”.