Site icon Crónica3.com A Mariña

Novos horarios nas instalacións municipais deportivas do concello do Valadouro

O Valadouro, 28 de xuño, 2022. As instalacións deportivas do concello do Valadouro adáptanse ó horario estival.

A piscina municipal abre as súas portas desde día 1 de xullo e ata o 31 de agosto con entrada de balde e en horario de 12:00h. a 20:00h. cunhas instalacións remozadas e con dous vasos (un de xuvenil e adultos e outro de infantil).

Tamén o ximnasio municipal modifica os seus horarios de cara ó verán para poder disfrutar do bo tempo e abrindo as súas portas de luns a venres de 19:00h. a 23:00h. e os martes e os venres de 10:00h. a 13:00h.

Uns prezos económicos para poder disfrutar del por 10,00€/mes individual, e 9,00€/mes máis por cada familiar que forme parte do bono e se se decide ir por días soltos, 2,00€/día.

Para obter máis información para facerse socio hai que porse en contacto coas oficinas municipais no 982574000 de 9:00h. a 14:00h. de luns a venres e para cuestións técnicas e de horarios hai que pasarse polo propio ximnasio.

Exit mobile version