Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Piñeira o martes, 28 de xuño, ás 19:00 horas no Teleclub, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca.
Farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
Este curso será o terceiro ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro.
García engadiu que “esta actuación porá fin ao curso escolar, polo que aproveitamos a ocasión para agradecer a toda a comunidade educativa e á Concellaría de Ensino a súa implicación coa EMMeD”.