Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá celebrará o domingo 19 de xuño a terceira edición da súa Festa Campesiña

Lourenzá, 3 de xuño de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, veñen de presentar o cartel anunciador da III Festa Campesiña, que se celebrará o domingo 19 de xuño no Campo dos Bolos.

Manuel Arango anuncia que “o programa, que se dará a coñecer nos próximos días, incluirá actuacións de música e baile tradicional, obradoiros, postos de artesanía e alimentación, sesión vermú e festa campestre, xantar e tasca, entre outras moitas cousas. En todas estas actividades colaboran distintas asociacións do concello”.

A rexedora municipal invita “aos veciños e veciñas e a todas as persoas que se acheguen ese día a Lourenzá a que o fagan caracterizados de campesiños e campesiñas para acadar que a festa teña a aparencia das festas que se celebraban en Galicia hai un século”.
Para abrir boca, o día anterior, sábado 18, ás 20:30 horas actuará na Praza do Conde Santo a Rondalla Trovadores de Ares.

Exit mobile version