Barreiros, xoves 30 de xuño. Na mañá de hoxe inaugurouse en Barreiros no Centro Sociocultural a exposicion “Amar a Mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas”. Esta exposición promovida desde a Rede Museística Provincial pertencente á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, xurdíu a raiz do 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao e está percorrendo todos os concellos da Mariña. A través da mesma trátase de visualizar o traballo das mulleres en diferentes actividades ao longo dos anos, desde unha ollada transversal e desde a perspectiva de xénero.
Á presentación asistiron a Deputada de Medio Rural e Mar, Mónica Freire, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, o fotógrafo da exposición Xosé Reigosa e a alcaldesa Ana Ermida, así como membros do goberno municipal e veciñas e veciños de Barreiros.
A exposicion poderá visitarse en horario de mañá desde o día de hoxe ata o 17 de xullo.