A Asociación Saúde Mental A Mariña pón os seus recursos a disposición de persoas con enfermidade mental crónica e dos seus familiares e é moi satisfactorio apoiar iniciativas como estas.
A xornada de hoxe consistiu na integración do colectivo a través do deporte, primeiro facendo unha camiñata e logo realizando xogos con balón e demáis temas de ocio.
Con este tipo de eventos aproveitase a gran ferramenta do deporte como vehículo de inclusión social, e rómpese ese estigma inherente aos trastornos mentais, provocando que o colectivo se sinta arroupado. Como engadido, tema vital, prodúcese a integración dos mesmos na sociedade, formando parte da comunidade que os rodea.
Esta actividadade servíu para eliminar as barreiras e axudan a que as persoas que padecen unha enfermidade accedan e aumenten o seu interese na práctica de deporte.
Foi unha xornada moi enriquecedora para todo o mundo, e esperamos que con estas iniciativas aportar un grao de área as persoas que o necesitan. Desde logo, estamos máis cerca do obxectivo global de sensibilizar e impulsar a inclusión das persoas, mediante o deporte ou saúde.