O goberno municipal focego explica: “o noso Concello súmase a esta conmemoración desde este martes, día 28, ata o 5 de xullo, período no estarán visibles as bandeiras arco iris, como apoio o colectivo LGTBI, sumándonos as súas reivindicacións polos dereitos deste movemento. Rexeitamos calquera discriminación por motivos de orientación sexual ou de identidade de xénero e contribuímos así a visibilización destas persoas no noso pobo, avanzando como sociedade pola loita dos dereitos máis fundamentais deste colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais) cara a unha igualdade respectuosa e afectiva entre a cidadanía. Por todo isto Foz súmase o orgullo e tínguese coas cores da bandeira arco iris do 28 de xuño ao 5 de xullo”.
Ademais anuncian que “a esta homenaxe sumarase dentro dunhas semanas o recoñecemento á diversidade sexual a través da bandeira do orgullo que quedará reflectida no valado da área de xogos infantís do novo parque que se está construíndo na rúa Uxío Novoneyra”.