Este Sábado, 11 de Xuño, realizarase unha solemne Celebración Eucarística con motivo da Festividade da nosa Sra. do Camiño da Luz na Igrexa Conventual das Nais Concepcionistas Franciscanas de Viveiro, ás 18:00h, que organiza a Irmandade das Sete Palabras de Viveiro. Estará presidida por un sacerdote da UPA de Viveiro e solemnizada cos seus cantos polo coro de catequistas de San Francisco. Desde a irmandade convídase a todos os seus confrades, confrarías, irmandades e fregueses que desexen asistir.