A xornada consistiu nunha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús do colexio focense.
Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo cales son as principais diferencias que hai entre o peixe azul e o peixe branco.
No acto participaron 75 alumnos de sexto de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron de mans do xerente da OPP-7, Sergio López, un regalo en forma de delantal e gorro de chef co que se preparan xa para cociñar moito peixe durante as súas vacacións deste verán.
Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.