Ribadeo, 11 de xuño de 2022. Mañá, domingo, rematan as actividades do II Ribadeo Ilustrado Mariños, Mariñeiros e Xentes do Mar. As conferencias que se veñen celebrando desde o venres foron seguidas por ducias de persoas no salón de plenos do Pazo de Ibáñez. Nenas e nenos tamén gozaron hoxe dun obradoiro de monicreques e dunha representación a cargo de Mircromina Títeres.
Para mañá, 12 de xuño, está prevista unha visita á capela de San Francisco, fundada en memoria de Martínez Bengoechea, na Casa de Bengoechea, en horario de 12:00 a 14:00 horas; e nas Escaleiras de Martínez ás 12:30 horas o Grupo Fua ofrecerá un concerto de cámara.
O Ribadeo Ilustrado está organizado pola Concellaría de Turismo.