O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregaron os premios aos/ás gañadores/as do XII certame de fotografía Cervo Respecta nun marco natural e patrimonial incomparable como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. En total participaron 38 instantáneas. O xurado, constituído por especialistas na materia, deliberou do seguinte xeito: 1º Premio “Amencer” de Marcíal Fernández Bellón. 2º Premio “Luna, tú que lo ves”, de María Carmen Vale Ramos. TOP CERVO, á mellor fotografía dalgún paraxe do municipio “Reflejos del amanecer en el faro” de Consuelo Fra Fernández. Mención especial para as persoas usuarias da asoc. Saúde Mental A Mariña, polo seu traballo en equipo